Clases se fume

Clases se fume

luns, 1 de febreiro de 2016

DICIMOS NON ÁS DROGAS.




No noso centro estamos  moi concienciados do importante que é manter informado e sensibilizado ao alumnado sobre os perigos que trae consigo o consumo de drogas. Por este motivo apoiamos todas aquelas iniciativas que promoven os estilos de vida saudables. Entre as que se van a levar acabo este ano destacamos as seguintes:

PROGRAMA VIXÍA: NON PASA NADA, PASA ALGO?

É un programa impulsado pola Consellería de Sanidade que se encarga da prevención selectiva para evitar o desenvolvemento e consolidación de consumos problemáticos de drogas.Está dirixido a todo o alumnado da ESO, profesorado e nais e pais. Os contidos impartiránse por profesionais externos ao centro educativo a través de guías didácticas en:

  •  Catro sesións dunha hora lectiva co alumnado.
    • Información sobre as drogas (alcohol, tabaco e cannabis).
    • As verdades e mentiras sobre as drogas.
    • As razóns de consumos.
    • A toma de decisións e as presións ao consumo.
  • Unha sesión de dúas horas co profesorado, nais e pais.


TEATRO SAÚDE 2016 "E AGORA QUE FACEMOS?"

O Concello de Ourense xunto ca compañía teatral La Rueda Teatro Social, levan a cabo a obra teatral "E agora que facemos?" ca cal tratan de concienciar aos espectadores sobre as repercusións que teñen as malas compañías nos hábitos de vida saudables. A súa sinopse é a seguinte:
Dous adolescentes, Mario e Edu, ven como os seus hábitos e afeccións comezan a cambiar ao coñeceren a Eva. Comezarán a abandonar as súas antigas actividades de lecer para penetrarse nun mundo novo: o botellón, as primeiras drogas, a necesidade de gustar ás mozas , a moda, o uso das novas tecnoloxías... Os cambios afectarán á súa amizade, ás relacións familiares e á marcha dos seus estudos.

Os nosos nenos de 3º da ESO acudirán ao Auditorio Municipal de Ourense o 31 de Marzo ás 12:00 horas para poder desfrutar desta peza.


martes, 19 de xaneiro de 2016

CARTEL CLASES SEN FUME: DI NON AO CONSUMO DE TABACO!


Outro ano máis, o noso centro, pensando en potenciar os hábitos de vida saludable entre os rapaces/as, quixo comprometerse ca iniciativa da Xunta de Galicia, Clases Sen Fume. Con ela preténdese animar aos alumnos/as de 1º e 2º da ESO a adquirir un estilo de vida saludable mediante actividades divertidas e de interese para esas idades que defendan unha vida sen tabaco.

Neste mes de Xaneiro, os rapaces deixaron voar a súa imaxinación para construír un cartel, que formado por un slogan e unha representación gráfica, trataba de concenciar do dañino que é o tabaco para a nosa saúde. Con este cartel o que se pretende é que os alumnos/as reflexionen sobre o importante que é rexeitar o consumo de tabaco para crecer sans e fortes e  lograr unha boa calidade de vida, sobre todo pensando a un longo prazo. 

Algúns dos carteis máis orixiais, divertidos, creativos e mellor elaborados foron selecionados para entrar a concursar, xunto con outros traballos realizados por nenos/as das mesmas idades que pertencen a outros centros educativos, nun gran  certamen organizado por Clases Sen Fume na nosa Comunidade

A continuación deixámosvos unha serie de fotografías que lles tomamos aos inxeniosos traballos realizados polos alumnos/as. Están xenial, ¿verdade?

Estamos seguros que algún deles será premiado!!