Clases se fume

Clases se fume

martes, 13 de maio de 2014

O TABAQUISMO NA SOCIEDADE


O tabaquismo é unha enfermidade "transmisible"... pola publicidade

A publicidade do tabaco e os adolescentes. Informe sobre os resultados dun estudio que explora as vías polas que a publicidade do tabaco chega aos mozos e como diferentes regulacións poden ter efectos distintos sobre a prevención do uso do tabaco. Tamén da WEB DO CNPT.  à CNPT

Imaxes de publicidade de tabaco. busca na sección de RECURSOS da web do Comité Nacional de Prevención do Tabaquismo (CNPT compilado e cedido por Francesc Abella)

O QUE NUNCA CHE CONTAN DOS ANUNCIOS DO TABACO à Guías

ANUNCIOS DE TABACO DOS ANOS 40 E 50 à Anuncios

Excelente COLECCIÓN DE RECURSOS ORDENADOS POR TEMAS sobre tabaco. Especialmente relevantes as seccións de publicidade (advertisement, marketing to youth, etc.). Está en inglés, pero as imaxes valen máis que mil palabras e? non necesitan tradución. à  Recursos

TABACO E CINE. Descobre como a industria tabaqueira leva anos promocionando os seus productos por medio das películas à Tabaco e Cine


Tabaco na rede. Selección dalgúns recursos con información múltiple sobre tabaco

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO. Encontrarás información sobre o consumo de tabaco en España, actividades do día mundial sen tabaco, etc. (en castelán). à Ministerio de Sanidade

ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE (OMS). Páxina en castelán, inglés e francés. à OMS

ORGANIZACIÓN PANAMERICANA DE SAÚDE. (OPS), oficina rexional para as Américas da Organización Mundial da Saúde. Múltiples documentos relacionados co Tabaco en castelán e inglés. à OPS

PLAN NACIONAL SOBRE DROGAS (PND), encontrarás información sobre o consumo de tabaco, alcohol e outras drogas, lexislación, cursos de formación. à Plan Nacional de Drogas

COMITÉ NACIONAL DE PREVENCIÓN DO TABAQUISMO. Explora os seus contidos, accederás a información actualizada sobre múltiples aspectos relacionados coa prevención e o control desta epidemia silenciosa. à CNPT

SOCIEDADE ESPAÑOLA DE ESPECIALISTAS EN TABAQUISMO (SEDET). Completa páxina con contidos moi diversos (¡non só para especialistas!). Especialmente pódeche interesar a sección de enlaces. à SEDET

CENTROS PARA O CONTROL E A PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES (CDC) de Atlanta (USA) en castelán. CDC

REVISTA PREVENCIÓN DO TABAQUISMO da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR). Non é só para sanitarios. Os profesores e persoas interesadas no tema encontrarán información xeral moi útil. à Sergas

TOBACCO CONTROL SUPERSITE Simon Chapman Australia. (inglés, o seu nome dío todo).
TOBACCOPEDIA. (inglés) Enciclopedia sobre o tabaco da Rede Internacional de Control do Tabaquismo Globalink. à Tobacco

¿Quen está detrás de todo isto? Acertaches, a industria tabaqueira

¡Perigo! Relacións Públicas no patio de recreo. Iniciativas da industria tabaqueira para a "prevención" do tabaquismo entre os xoves. En castelán. Da páxina de ASH (ACTION ON SMOKING AND HEALTH). Non ten desperdicio. à ASH

Estratexias da industria tabaqueira para promover os seus productos entre os nenos e os xoves(de novo pon a proba o teu inglés). Tamén de ASH.


Programas de axuda para deixar de fumar

A FUNDACIÓN MELLOR SEN TABACO, en A Coruña, ofrece tratamento médico e psicolóxico aos fumadores que desexan deixar de selo. Sen Tabaco


ENLACES E RECURSOS

Sobre "Clases sen Fume"

Máis información sobre o concurso

Smoke Free Class (en inglés)



Tabaco e adolescentes

TOBACCOFREE KIDS. Un "megasitio" sobre tabaco e adolescentes. Do norte de América (en inglés) à Tobaccofree Kids

TIPS4youth. Múltiple información sobre tabaco e xoves (en inglés e parte en castelán) da Oficina de Tabaquismo e Saúde (Office on Smoking and Health) do CENTRO PARA O CONTROL E A PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES DE ATLANTA à CDC

INFORMACIÓN PARA PAIS E NAIS

De novo vos podedes involucrar activamente neste proxecto:
Animádevos e participade cos vosos fillos, construíde entre todos un Fogar sen Fume.

As familias dos escolares que asinen o compromiso de non fumar no seu fogar durante os 6 meses do concurso participarán no sorteo do premio Fogares sen fume, que se adxudicará tralas comprobacións oportunas.

Animádevos e participade cos vosos fillos, construíde entre todos un Fogar sen Fume.

As familias dos escolares que asinen o compromiso de non fumar no seu fogar durante os 6 meses do concurso participarán no sorteo do premio Fogares sen fume, que se adxudicará tralas comprobacións oportunas.

¿Por qué?

Digámolo claro: o tabaco mata.

Tal vez cando vostede tiña a idade do seu fillo/a non lle contaron toda a verdade sobre os prexuízos que se derivan do consumo de tabaco e, sobre todo, dos beneficios para a saúde que se derivan de non fumar.

Tal vez cando vostede era neno/a non lle dixeron o que o tabaco era capaz de facer.

O tabaco provoca exactamente o que está escrito nas "cajetillas". Fumar acurta a vida; o tabaco provoca cancro de pulmón; o fume contén benceno, nitrosaminas, formaldehído e cianuro de hidróxeno e pode provocar cancro nos non fumadores; o tabaco é moi aditivo; deixar de fumar reduce o risco de enfermidades mortais de corazón e pulmón; fumar provoca o envellecemento da pel.

A nicotina é a droga contida no tabaco responsable da adicción. A maioría dos fumadores se fan adictos á nicotina durante a adolescencia. Canto antes se comeza a fumar, maior é a probabilidade de converterse en fumadores habituais.

Os adolescentes, debido á influencia de numerosos factores (publicidade e promocións da industria tabaqueira, a facilidade para conseguir o tabaco, o seu baixo prezo ou a gran aceptación social do consumo) empezan a experimentar có tabaco moi cedo. O risco de chegar a ser fumador habitual é elevado debido ao gran poder adictivo da nicotina.

O consumo de tabaco pódese previr e é importante actuar antes de que o hábito estea consolidado.

O CONSUMO DE TABACO ENTRE OS ADOLESCENTES


- As idades entre 12 e 18 anos son decisivas para o rexeitamento ou a adopción do hábito de fumar.

- A idade dos xoves que acenden os seus primeiros cigarros está diminuíndo.

- Cada día aumenta máis o número de fumadores xoves en tódolos Estados membros da            Unión Europea.

- Un de cada dous adolescentes fumadores morrerá polos efectos negativos do tabaco.

- Cada ano, máis de 4.900.000 persoas morren prematuramente no mundo como                       consecuencia de enfermidades relacionadas co tabaco. (55.000 en España, o que supón o     16% de tódalas mortes).

- En Galicia morren 10 persoas o día. (9 homes e 1 muller).

- En España a idade media de inicio no consumo de tabaco é 13,1 anos.

     - O 29% dos xoves de 14 e 18 anos fuman (33% dos mozos e o 24% das mozas).
     - O consumo medio é de 7,4 cigarros ao día.
     - O 83% dos fumadores propúxose deixar de fumar nalgunha ocasión, aínda que só o 42% o         intentou.

Non obstante, hai que mencionar que entre o ano 2000 e o 2002 se constata un descenso na prevalencia do hábito tabáquico no grupo de idade de 12 a 18 anos, que pasa de 32,2% a 28,9%, tras unha enorme explosión en anos previos (máis de 7,3 puntos entre 1998 e 2000), o que parece indicar un discreto detemento da forte expansión do hábito nos máis xoves.

DESCRICIÓN DO PROGRAMA

O proxecto naceu en Finlandia en 1989, e a partir do curso escolar 1997-1998 estendeuse pola Unión Europea. Dende entón, o número de participantes foise incrementando ao longo dos anos, chegando a participar máis de 15 países e superando a cifra de medio millón de rapaces europeos implicados no concurso. O proxecto estivo financiado ao 50% polo programa "Europa contra o cancro" da Comisión Europea ata o ano 2009, estando coordinado a nivel europeo polo "IFT-Nord Institute for Therapy and Health Research" de Kiel (Alemania) e a nivel Nacional dende o ano 2008 por Galicia, integrado no Programa Galego de Promoción da Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.



¿Qué é clases sen fume?

É un programa europeo (www.smokefreeclass.info) para a prevención do tabaquismo que se desenvolve na escola e utiliza o premio-recompensa como estímulo.

Está dirixido aos escolares de 1º e 2º da ESO, mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade.

Baséase no compromiso colectivo de toda a clase de non fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar, e na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles, reforzando:

     - O carácter voluntario e individual da decisión de non fumar.
     - O compromiso de todo o grupo.
     - A confianza en si mesmo e nos outros.
     - A idea desta competición trata de reforzar o desexo do comportamento de non fumar.


A competición baséase:

     - No compromiso colectivo de toda a clase de non fumar durante un período de 6 meses          consecutivos durante o curso escolar.
     - Na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles.
     - No desenvolvemento dunhas actividades na aula.

As clases que conseguen chegar ao final da competición optan a varios premios.


A avaliación da competición en anos anteriores, demostrou a súa efectividade para previr o inicio do tabaquismo.


Obxectivos

     - Previr ou atrasa o inicio do consumo de tabaco.
     - Promover o abandono do tabaco por parte dos escolares que xa teñen experimentado          con el, para evitar que se convertan en fumadores regulares.