Clases se fume

Clases se fume

martes, 13 de maio de 2014

O CONSUMO DE TABACO ENTRE OS ADOLESCENTES


- As idades entre 12 e 18 anos son decisivas para o rexeitamento ou a adopción do hábito de fumar.

- A idade dos xoves que acenden os seus primeiros cigarros está diminuíndo.

- Cada día aumenta máis o número de fumadores xoves en tódolos Estados membros da            Unión Europea.

- Un de cada dous adolescentes fumadores morrerá polos efectos negativos do tabaco.

- Cada ano, máis de 4.900.000 persoas morren prematuramente no mundo como                       consecuencia de enfermidades relacionadas co tabaco. (55.000 en España, o que supón o     16% de tódalas mortes).

- En Galicia morren 10 persoas o día. (9 homes e 1 muller).

- En España a idade media de inicio no consumo de tabaco é 13,1 anos.

     - O 29% dos xoves de 14 e 18 anos fuman (33% dos mozos e o 24% das mozas).
     - O consumo medio é de 7,4 cigarros ao día.
     - O 83% dos fumadores propúxose deixar de fumar nalgunha ocasión, aínda que só o 42% o         intentou.

Non obstante, hai que mencionar que entre o ano 2000 e o 2002 se constata un descenso na prevalencia do hábito tabáquico no grupo de idade de 12 a 18 anos, que pasa de 32,2% a 28,9%, tras unha enorme explosión en anos previos (máis de 7,3 puntos entre 1998 e 2000), o que parece indicar un discreto detemento da forte expansión do hábito nos máis xoves.

Ningún comentario:

Publicar un comentario