Clases se fume

Clases se fume

martes, 13 de maio de 2014

DESCRICIÓN DO PROGRAMA

O proxecto naceu en Finlandia en 1989, e a partir do curso escolar 1997-1998 estendeuse pola Unión Europea. Dende entón, o número de participantes foise incrementando ao longo dos anos, chegando a participar máis de 15 países e superando a cifra de medio millón de rapaces europeos implicados no concurso. O proxecto estivo financiado ao 50% polo programa "Europa contra o cancro" da Comisión Europea ata o ano 2009, estando coordinado a nivel europeo polo "IFT-Nord Institute for Therapy and Health Research" de Kiel (Alemania) e a nivel Nacional dende o ano 2008 por Galicia, integrado no Programa Galego de Promoción da Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.



¿Qué é clases sen fume?

É un programa europeo (www.smokefreeclass.info) para a prevención do tabaquismo que se desenvolve na escola e utiliza o premio-recompensa como estímulo.

Está dirixido aos escolares de 1º e 2º da ESO, mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade.

Baséase no compromiso colectivo de toda a clase de non fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar, e na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles, reforzando:

     - O carácter voluntario e individual da decisión de non fumar.
     - O compromiso de todo o grupo.
     - A confianza en si mesmo e nos outros.
     - A idea desta competición trata de reforzar o desexo do comportamento de non fumar.


A competición baséase:

     - No compromiso colectivo de toda a clase de non fumar durante un período de 6 meses          consecutivos durante o curso escolar.
     - Na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles.
     - No desenvolvemento dunhas actividades na aula.

As clases que conseguen chegar ao final da competición optan a varios premios.


A avaliación da competición en anos anteriores, demostrou a súa efectividade para previr o inicio do tabaquismo.


Obxectivos

     - Previr ou atrasa o inicio do consumo de tabaco.
     - Promover o abandono do tabaco por parte dos escolares que xa teñen experimentado          con el, para evitar que se convertan en fumadores regulares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario