O Programa Clase sen Fume é unha iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia, a cal se encontra encadrada nos denominados Plan-Proxecta. Estes plans caracterízanse por apoaiar e motivar aos alumnos a realizar proxectos e actividades innovadoras.
A principal finalidade ou meta que se propón este programa é a prevención de consumo de tabaco, sobretodo a idades temeprás como o son as dos 12 aos 14 anos. Para esto, ao comezo de curso os estudantes e o profesorado que participe deberán comprometerse a manterse sen fumar nun período de seis meses consecutivos durante o curso escolar. Ademais deste compromiso, durante o curso académico, os alumnos deberán realizar unha serie de actividades. Para motivar aos alumnos, este tamén recibirán regalos coma bolsas, carpetas...
A primeira actividade consiste na realización dun Slogan, acompañado dun debuxo ou representación gráfica, que teña coma finalidade previr o consumo de tabaco. De entre todos os slogans do centro escollerase aquel que sexa calificado coma o mellor para entrar a concursar co resto de traballos doutros centros da Comunidade Galega.
Por outro lado, a segunda actividade consiste nunha Actividade Creativa. Este proyecto ten coma meta que os alumnos defendan unha vida sen tabaco a través dun traballo orixinal, por exemplo: mediante unha obra de teatro, unha poesía, unha canción, unha representación con marionetas, etc. Ao igual que no caso anterior o mellor traballo de cada centro entra un concurso a nivel autonómico.
Por último, ao final do curso escolar, unha representante do Programa acudirá ao centro para explicar as consecuencias dunha vida fumadora, para solventar dudas e preguntas emerxidas durante o curso e para realizar unha cooximetría e comprobar se o compromiso realizado a comezos de curso foi alcanzado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario